Nova reunión mañá do grupo de participación adolescente de Viveiro

Será na Sala de Xuntas do Concello de Viveiro e comezará as 16:30 horas
Imagen de archivo del grupo de participación juvenil en Viveiro
Imagen de archivo del grupo de participación juvenil en Viveiro

O Concello de Viveiro informa da próxima reunión do Grupo de Participación Adolescente para mañá mércores, 19 de outubro. Os integrantes desta iniciativa convocan a xuntanza na Sala de Xuntas do Concello de Viveiro, nunha cita que comezará ás 16:30 e concluirá en torno ás 18:30 horas.

Na súa última reunión o Grupo de Participación Adolescente elaborou un díptico coa finalidade de dar a coñecer a súa labor, ao tempo que animan a todas as mozas e mozos da vila a unirse a elas e eles no seu segundo ano de vida.

«É unha plataforma a través da que traballar e defender os Dereitos da Infancia. Un espazo no que se lles da voz, e que serve ademais para que dende o Concello se poida atender as súas propostas e demandas, dando resposta ás súas necesidades e intereses”, destaca Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social do Concello de Viveiro. «Ao mesmo tempo as rapazas e rapaces aproximanse á política local, galega e estatal, e tratan de facer as súas aportacións como un medio para lograr cambios, atendendo aspectos relevantes para elas e eles ”, engade a edil.

Neste senso, entre as próximas actividades previstas polo Grupo de Participación Adolescente, está a súa participación no X Foro de Participación Infantil no Parlamento de Galicia, no marco do Día Mundial da Infancia o próximo 15 de novembro xunto a outros 11 grupos mais da comunidade autónoma.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.