O Concello de Viveiro defende que realiza dende 2015 xestións para conseguir a parcela do casino

Explica que a única solución que ofrece Portos de Galicia, o titular da parcela, é unha cesión temporal sen ningún arranxo
Imaxe do Concello de Viveiro
Imaxe do Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro deféndese das acusacións explicando que realiza desde hai máis de sete anos xestións de forma continua para conseguir a cesión de uso definitivo da parcela do Casino, da que é titular Portos de Galicia.

O tema foi varias veces a pleno. De feito, a primeira proposta de cesión aprobouse por unanimidade nunha sesión plenaria celebrada no 2015. O concello quixo restablecer en reiteradas ocasións as pistas deportivas e integrar a instalación no casco histórico de Viveiro, pero as súas demandas nunca foron atendidas ata agora por Portos de Galicia, un organismo da Xunta de Galicia. A parcela está nunha zona de dominio público marítimo-terrestre, polo que o concello traballa tamén coa Demarcación de Costas para a súa reversión.

Para elo, a Xunta debe facilitar a reversión a Costas, ya que o espazo non ten ningún tipo de actividade portuaria, pero a única solución que ofrece Portos é unha cesión temporal ao concello sen realizar antes ningún tipo de arranxo na parcela. “O concello é o primeiro interesado en poñer fin a esta situación, pero a titularidade é de Portos de Galicia”, lembra María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, que demanda “rigurosidade ao portavoz do PP, que neste caso sabe que todo está nas mans da Xunta”.

O concello amosa a súa preocupación e engade que tamén pediu en reiteradas ocasións a cesión para uso municipal do aparcodoiro do peirao, pero só obtén tamén cesións por un tempo limitado por parte da Xunta e Galicia, o que impide o acondicionamento da zona.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.