Viveiro aclara que as obras de As Aceas están previstas e dotadas de orzamento

O Concello de Viveiro explica que no pleno municipal de agosto aprobouse unha partida de 34.004 euros destinada a esta actuación
Imagen del Concello de Viveiro
Imagen del Concello de Viveiro

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que as obras relativas á rede de sumidoiros de As Aceas xa están previstas e dotadas de orzamento, malia que «o Partido Popular pretenda esixir que se proxecten os traballos».

O goberno local aclara esta circunstancia ante o anuncio do Partido Popular de presentar unha moción no próximo pleno para esixir medidas “para prolongar a rede de sumidoiros ata As Aceas co fin de que, os propietarios das casas, poidan tramitar a conexión coa rede de saneamento”.

O Concello de Viveiro explica que no pleno municipal deste mes de agosto aprobáronse unha serie de modificacións de crédito, entre as que se inclúe unha partida de 34.004 euros destinada a esta actuación. “Non sabemos se os representantes do Partido Popular non len a documentación dos plenos ou se intencionadamente pretenden enganar á veciñanza”, engaden dende o goberno local.

Neste sentido, o goberno local explica que as acusacións do partido da oposición son totalmente incertas e inxustificadas, dado que a obra referida xa está prevista e dotada de orzamento. Neste sentido, a alcaldesa de Viveiro pídelle ao voceiro do Partido Popular “que traballe en positivo e que non engane aos veciños”.

Ademais, contrariamente ao que suxire o Partido Popular, os escritos enviados polo Concello de Viveiro foron remitidos en 2019 e non na actualidade. Alén diso, o goberno local xa mantivo no seu momento unha reunión cos propietarios das vivendas comprometéndose a realizar estas actuacións de saneamento.

Nesta liña, dende o goberno local aclaran que para que as vivendas da zona poidan realizar o vertido á rede de saneamento pública é necesario executar, ademais da extensión da rede municipal, a construción dun bombeo de residuais que impulse os caudais ata o colector xeral, tendo en conta a localización dos inmobles con respecto á rede xeral.

Doutra banda, respecto aos escritos enviados, o Concello de Viveiro aclara que en ningún momento pretendeu atribuír aos propietarios ningunha responsabilidade, máis que a contemplada no Regulamento marco de saneamento e depuración de augas residuais de Galicia. Dito regulamento indica que, cando non exista rede de saneamento, as vivendas deberán estar dotadas dunha sistema de depuración individualizado.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.