Viveiro acolle o 11 de decembro o concerto presentación do disco ‘Origen’ de David Catá

O artista viveirense presenta no teatro Pastor Díaz o seu primeiro disco
Imagen de archivo del Teatro Pastor Díaz de Viveiro
Imagen de archivo del Teatro Pastor Díaz de Viveiro

O Concello de Viveiro acollerá o vindeiro 11 de decembro o concerto presentación do disco ‘Origen’ do viveirense David Catá. O teatro Pastor Díaz será o escenario elixido para dar a coñecer esta estrea, que o propio artista cualifica coma unha obra que fala da memoria, do esquecemento, da perda do ser querido e ten moito de autobiográfica.

David Catá é un artista multidisciplinar de Viveiro que lanza agora o seu primeiro disco pero que é recoñecido a nivel internacional polos seus traballos nos que combina o emprego da fotografía, a videocreación, a pintura e a música. Cunha obra que xa foi exposta en diferentes países e pola que acadou diferentes premios, deu o paso agora coa creación deste disco, ‘Origen’, que o domingo día 11 de decembro, a partir das 20:00 horas, presentará antes os veciños e veciñas de Viveiro.

O compositor e pianista estará acompañado no escenario por Carla Alonso e Celia Montañez ao violín, por Ana Represas ao violonchelo e por María Villarquide na flauta.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.