Viveiro chama á volta da tradición dos Zonchos o 1 de novembro

O Concello completa a programación de Samaín con varios obradoiros, o reparto de caramelos e a celebración da Noite Meiga
zonchos

O Concello de Viveiro invitou a todos os veciños e veciñas da vila a desfrutar dende este sábado e ata o lunes día 31 dunha ampla programación prevista para as festas do Samaín nas rúas do Casco Histórico.

O sábado comezan os Obradoiros do Samaín con dúas actividades para os máis cativos. Así, entre as 11:00 e as 12:30 horas, levaránse a cabo os talleres de elaboración de gadoupas para os cativos e cativas entre os 4 os 7 anos, mentras que entre as 12:30 e as 14:00 horas os que aprenderán a facer unha lámpada serán os nenos e nenas de 8 a 12 anos.

O 31 haberá amenización musical e o reparto de caramelos é cortesía do Concello e da asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro para aqueles que acudan disfrazados aos comercios asociados. “Queremos agradecer a Casco Histórico a súa colaboración. Os caramelos son proporcionados polo concello e repartidos en locais asociados, así que unha vez máis traballamos en conxunto nunha acción como é o Samain”, suliña a concelleira de Cultura e Muller de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Ademais, na noite do 31 tamén se celebrará a Noite Meiga coas danzas das Meigas e queimada que contará co acompañamento da Charanga A Santa Compaña. A cita será na Placiña da Herba entre as 22:00 e as 00:30 horas.

Dentro das actividades desta festa do Samaín, dende o Concello tamén se está a promover a recuperación dos zonchos. Trátase dunha tradición moi estendida hai décadas que consistía en ir ao camposanto, no día 1 de novembro, cun colar de zonchos feito con castañas cocidas colgado no pescozo para honrar aos finados. A tradición dos zonchos está relacionada co magosto, ritual funerario que aínda hoxe consérvase coa venda de castañas nas portas dos camposantos. “Convidamos a todos os veciños e veciñas de Viveiro a continuar coa tradición dos Zonchos, un ritual centenario que queremos manter pois forma parte do noso patrimonio cultural e material. É algo moi noso e non debemos de perdelo e pasarllo a todos os nenos e nenas”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega. Tamén convidaron a todos os que teñan algunha foto cos tradicionais zonchos a que as suban nas súas redes sociais para visibilizar esta tradición.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.