Viveiro mostra o seu potencial como destino turístico gastronómico con stand propio en Xantar 2022

O venres o stand acollerá unha degustación gratuíta de merluza do pincho do Celeiro e un 'Showcooking' a cargo de Lucas Requejo
Concello de Viveiro
Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro cumpre coa súa cita anual e xa está en Xantar 2022, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra dende hoxe en Ourense. A vila conta cun stand propio no que ata o domingo se promocionar o atractivo histórico e paisaxístico da comarca, a Semana Santa e a súa gastronomía.

O concello difundirá durante estes cinco días o material de promoción turística así coma os folletos remitidos polos establecementos hostaleiros do municipio. Tamén o stand servirá de punto de encontro con turoperadores e profesionais do sector, xunto co público en xeral que sempre enche Xantar atraído polo amplo programa de actividades.

Son moitas e moi variadas as propostas que presenta o Concello de Viveiro no recinto de Expourense, entre elas o venres ofrecerá unha degustación gratuíta de merluza do pincho do Celeiro acompañada por empanada de merluza do pincho e Pan dos Apóstoles -doce típico de Semana Santa- ás 12:30 horas.

Especialmente atractivo será tamén o ‘Showcooking’ que correrá a cargo de Lucas Requejo ás 13:30 horas con merluza do pincho e que supón a primeira vez que se realiza unha degustación deste tipo en directo. Baixo o epígrafe ‘ADN Gastronómico de Viveiro’, o investigador e divulgador de Ecogastronomía, director da iniciativa Prato-Do e delegado en Galicia da Fundación Ecotur amosará as virtudes do produto estrela da mariña lucense.

A 23ª edición Salón Internacional de Turismo Gastronómico dedicará precisamente este venres aos concellos de Viveiro, Ponte de Lima e á provincia de A Coruña, no que o municipio vivairense estará representado pola alcaldesa María Loureiro, o tenente de alcalde Jesús Fernández e a concelleira de Turismo, Marisol Rey.

Xantar é a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de “Ferias Comerciales Internacionales” españolas que publicou a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo del Gobierno de España. Cunha traxectoria de 22 anos xa, pon en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, sendo un referente para os destinos enogastrónomicos máis punteiros tanto de España como de Portugal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.