Viveiro permite o estacionamento na explanada do porto deportivo ata o luns

Este permiso ten en conta a necesidade de ampliar o estacionamento existente ante a afluencia masiva de vehículos durante a celebración do Resurrection Fest
21

O Concello de Viveiro informa que desde hoxe e ata o luns, 4 de xullo, poderase estacionar na explanada do porto deportivo de Viveiro.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, realizou as xestións necesarias con Portos de Galicia, solicitando que se autorizase o uso dese espazo para este fin, tendo en conta a necesidade de ampliar as prazas de estacionamento existente ante a afluencia masiva de vehículos durante a celebración do Resurrection Fest.

Deste xeito, dende o día de hoxe e ata o luns veciños e visitantes poderán estacionar neste espazo, titularidade de Portos de Galicia. Normalmente non pode estar aberta, pero o concello solicita o seu uso en situacións excepcionais como a desta semana.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.