Viveiro pide solucións á Xunta polos cortes de luz derivados das obras de saneamento en Lavandeiras

O Concello pediu desculpas aos veciños da Lavandeiras e chamou a unha empresa eléctrica que poñía hoxe un trenzado provisional para intentar evitar os cortes
Imaxe do Concello de Viveiro
Imaxe do Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro pediu desculpas aos veciños de Lavandeiras polos cortes de luz que se están a producir como consecuencia das obras para a mellora do saneamento e informa que se está a buscar unha solución cos responsables da empresa adxudicataria da Xunta, responsable desta actuación.

Dende o grupo de goberno se ten constancia dos cortes de luz que ven sufrindo á veciñanza derivado do manexo da maquinaria tanto á hora de instalar a tubaxe como nos movementos de terra no tanque de tormentas, pero informan que “o concello é totalmente alleo a súa execución”.

“Por parte do concello chamouse unha empresa eléctrica que xa tivo que acudir en varias ocasións a restablecer as liñas de luz. No dia de hoxe ían poñer un trenzado provisional para que deixe de suceder”, subliñan.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.