Viveiro recibiu da Deputación máis de 4 millóns de euros para investir en obras, servizos e promoción turística

A maior parte dos fondos que a institución provincial inxectou neste concello da Mariña foi para apoiar iniciativas de impulso do territorio, para reforzar as políticas sociais, o tecido asociativo ou dotar ao municipio de máis e mellores infraestruturas
Presentación da Festa da Merluza do Pincho
Presentación da Festa da Merluza do Pincho
CONTIDO PATROCINADO

A Deputación de Lugo destinou ao concello de Viveiro máis de 4 millóns de euros desde o ano 2019 para mellorar os servizos públicos dos veciños e veciñas deste municipio. Boa parte do orzamento da institución provincial dedicado a este concello foi destinado a apoiar iniciativas de promoción turística, para reforzar as súas políticas sociais e para dotar á cidade do Landro de máis e mellores infraestruturas.

Dotar a Viveiro de máis e mellores infraestruturas foi unha das accións prioritarias do Concello en colaboración coa Deputación. Con cargo a fondos da institución provincial, foi posible realizar actuacións tan importantes como a substitución do pavimento deportivo no pavillón municipal, os traballos de reparación do muro de contención do cemiterio de Altamira ou o proxecto que solucionou os problemas estruturais que presentaba unha parte do paseo marítimo.

A institución provincial tamén colaborou a través do Plan Único co arranxo de vías municipais en lugares como O Pousadoiro, O Paraíso ou O Brieiro, onde tamén se acometeu unha ampliación do saneamento. A Deputación financiou así mesmo a mellora de tres estradas provinciais que dan servizo á veciñanza de Viveiro. En concreto, acondicionou a LU-P-6601, que  conecta A Misericordia coa Silvarosa; a LU-P-6611, que vai da parroquia de Magazos a Fontecoba; e a LU-P-6613, que é a que une o cemiterio coa igrexa de San Roque.

Políticas sociais, un sinal de identidade

A Deputación achegou estes anos máis de 800.000 euros a reforzar as políticas sociais en Viveiro. Unha aposta clara que comparten ambas administracións, pois cos fondos da Deputación, o Concello financia o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que é de vital importancia para garantir o benestar das persoas maiores do municipio, para que poidan recibir atencións no seu domicilio e tamén é fundamental para facilitar a conciliación familiar. Con cargo a fondos provinciais, o Concello tamén colaborou economicamente estes anos con asociacións cunha fonda labor social como ASPANANE, de pais e nais de persoas con discapacidade intelectual, ou con AFA, de familiares de enfermos de alzhéimer.

Ademais, o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial aporta ao Concello o 90% do financiamento necesario -preto de 45.000 euros-, para acometer as melloras necesarias no exterior do Centro Ocupacional do municipio mariñán, xestionado por ASPANANE, unha asociación que atende a 44 persoas con discapacidade intelectual e as súas familias e desenvolve unha labor social moi importante na comarca.  O Concello achegará pola súa banda os 5.000 euros restantes para completar o orzamento necesario para acometer as obras, que ascende, desta forma, a un total de 50.000 euros.

Visita a Aspanane

Parte importante dos fondos que a Deputación investiu en Viveiro, medio millón de euros, foron destinados polo Concello a axudar a comerciantes e hostaleiros a paliar os efectos económicos da crise derivada da pandemia. O Goberno local tamén destinou recursos procedentes da institución provincial á protección dos veciños e das veciñas do municipio coa adquisición de material de prevención sanitaria e loita contra a Covid-19.

Emprego

Preto de 100.000 euros da Deputación foron destinados no concello de Viveiro ao mantemento do emprego. Deste xeito, o Concello mariñán puido facer 7 contratacións para desempeñar as tarefas de socorrista, informático, electricista, pintor e administrativo, reforzando así o cadro de persoal municipal durante estes últimos anos.

 Resurrection Fest, no mapa do rock mundial

Entre as actuacións de promoción turística que a Deputación de Lugo financia en Viveiro, destaca o Resurrection Fest. Unha aposta por este festival de rock duro como un importante revulsivo económico para a provincia que atrae cada ano a milleiros de visitantes e que chegou a converterse en todo un referente internacional. A institución provincial tamén apoia outras iniciativas importantes en Viveiro relacionadas co turismo, como o Belén Xigante, a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, ou o Mercado Renacentista.

Ano tras ano, a institución provincial foi reforzando o seu compromiso coa Semana Santa de Viveiro, que conta desde o ano 2013 co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional. En concreto, a Deputación financia a instalación dunha carpa museo, antesala desta festividade relixiosa, na que viveirenses e visitantes poden desfrutar da exposición de nove pasos.

Presentación do Resurrection Fest

A Semana Santa é unha tradición relixiosa conservada nesta cidade dende hai nove séculos, que, co traballo dos veciños e veciñas, o coidado das confrarías e as irmandades, e o apoio do Concello e de institucións como a Deputación se ten convertido nun acontecemento de resonancia internacional que promociona Viveiro, A Mariña e a provincia de Lugo, supoñendo un impacto enormemente positivo para a actividade económica e para o sector do turismo, a hostalería e o comercio do municipio e tamén da comarca. Ademais, a Deputación achega fondos ao Concello para a celebración de festas como o Nadal, o Entroido, Os Maios, a Romaría do Naseiro ou a Rapa das Bestas de Candaoso.

 Apoio ao tecido asociativo

Axudar a fortalecer o tecido asociativo foi outra das prioridades da Deputación en Viveiro. Entidades culturais como o Centro Comercial do Casco Histórico, a Asociación Cultural Proa, os comerciantes Beiras, Mariña Patrimonio ou o Seminario de Estudos Terra de Viveiro recibiron estes anos achegas da institución provincial para a realización de exposicións, eventos ou visitas guiadas.

No ámbito deportivo a Deputación financiou eventos deportivos como regatas, torneos de ximnasia rítmica, de baloncesto, probas de atletismo ou mesmo unha proba do circuíto galego de surf. Tamén achegou fondos para sufragar a actividade diaria dos diferentes clubs.

 

Mostra folklórica de Viveiro
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.