Viveiro restaura dous retablos das Portas da Vila e de Carlos V

Trátase, en concreto, das imaxes de San Roque e das imaxes de Cristo Crucificado, da Virxe María e de San Xoán
Concello de Viveiro
Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro informa que, no día de hoxe, os operarios municipais procederon á retirada das imaxes dos retablos da Porta de Carlos V e da Porta da Vila para a súa restauración.

Trátase, en concreto, das imaxes de San Roque, situada no retablo da Porta de Carlos V, e das imaxes de Cristo Crucificado, da Virxe María e de San Xoán, do retablo existente na Porta da Vila.

Ademais das restauracións das imaxes referidas, realizaranse traballos de limpeza e restauración en ambos retablos.

O Concello de Viveiro conta coa pertinente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a realización destes labores, que serán realizados por persoal especializado

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.