Viveiro urxe á Xunta que aprobe o seu PXOM porque «estamos moi limitados»

O Concello lamenta que finalmente Aspanane faga a súa residencia en Xove, xa que sen o PXOM "temos moitas limitacións para acoller proxectos deste tipo"
Imagen del Ayuntamiento de Viveiro
Imagen del Ayuntamiento de Viveiro

O Concello de Viveiro lamenta que finalmente Aspanane teña intención de facer a súa residencia en Xove e solicita á Xunta “que aprobe con urxencia o noso PXOM, xa que temos moitas limitacións para acoller proxectos deste tipo”.

“Buscamos e baraxamos varios emprazamentos en Viveiro, pero temos a limitación de non ter aprobado aínda o PXOM por parte da Xunta e non temos parcelas urbanas, como pode ter Xove, polo tanto non hai ningunha parcela para facer a residencia que se adapte ás súas necesidades”, explica María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. “Ofrecísmolles varias parcelas que temos pero ao ser de dominio público, unha cedida por Costas e outra do parque industrial, terían que ser para unha residencia pública, non poden ser para unha residencia de xestión privada, e por iso o concello tivo esa dificultade”, engade Loureiro.

“O Concello de Viveiro moveuse e por este motivo pedimos encarecidamente á Xunta de Galicia que nos aproben o Plan Xeral xa, porque estamos moi limitados. Lamentamos que a residencia se vaia para Xove, porque estamos na fase final do PXOM”, afirma a alcaldesa. O concello entende que a opción de trasladar a Escola Oficial de Idiomas ao antigo colexio de Celeiro tardou máis do previsto, pero despois Aspanane comprobou que o inmoble era pequeno e non cumpría coa nova Lei de Mobilidade.

“O concello vai seguir colaborando con Aspanane, para nós e prioritario e, de feito, agora imos facer unha obra, por un importe de 50.000 euros a través dun convenio da Deputación, nas instalacións que teñen cedidas”, remata Loureiro.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.