Cando en 1892 o HMS Howe (1889-1912), un dos acorazados máis modernos da Royal Navy, embarrancou na ría de Ferrol

O 2 de novembro de 1892 un dos acorazados máis modernos da Royal Navy británica, o HMS Howe, embarrancou na ría de Ferrol fronte á punta do Bispón. O que tiña que ser unha visita de cortesía dunhas horas ó porto ferrolán da frota do Channel Squadron inglés terminou nunha operación de rescate do Howe […]
Cando en 1880 o Livadia (1880-1926), o novo iate do Tsar, rompeuse na súa viaxe inaugural e tivo que ser reparado en Ferrol

Se existiu alguén realmente namorado das ideas do enxeñeiro naval escocés John Elder sobre barcos circulares, ese foi o vice almirante ruso Andrei Alexandrovich Popov. Popov non só construíu os dous únicos buques militares circulares da historia, o Novgorod e o e o Kiev (máis tarde renomeado como Almirante Popov na súa honra), senón que […]
A pegada dos ferroláns Timoteo O´Scanlan, pai e fillo, na Armada Española

O proxenitor atallou un gromo epidémico de varíola na cidade naval, inoculando á poboación con pó das pústulas pulverizadas e disoltas en auga
A caza do submarino nazi U-966 en Estaca de Bares

O 10 de novembro de 1943 Estaca de Bares foi testemuña da cruenta batalla entre o submarino nazi U-966 e diversos bombardeiros aliados. Esta é a historia do destino do submarino e do seu capitán, Eckehard Wolf, e de como este acabou ligando a súa vida e máis tarde a súa morte a este recuncho […]
O pan de barco e as Reales Fábricas de Bizcocho de Neda do século XVII

As Reales Fábricas de Bizcocho de Neda produciron durante o século XVII o principal alimento da mariñeiría e a tropa embarcada na ría de Ferrol, o pan de barco ou galleta mariñeira, xerando unha importante industria do pan que chegou ata os nosos días. Aínda que a Contraarmada, o ataque inglés de 1589 capitaneado por […]
Cando un obelisco exipcio acabou por accidente en Ferrol

Londres, como calquera outra capital colonial que se prece, tamén ten o seu pedaciño de Exipto. Este atópase na ribeira do Támesis, nun lugar chamado Vitoria Embankment, en Westminster, e trátase da Agulla de Cleopatra, un obelisco de granito de 21 metros de alto e máis de 200 toneladas de peso, cunha antigüidade de máis […]
Cando o maior científico de todos os tempos corrixiu a posición de Ferrol no mapa

En maio de 1799, á espera de marchar cara a maior exploración científica da historia, Alexander von Humboldt, xeógrafo, astrónomo, humanista, naturalista, explorador, pioneiro do pensamento ecolóxico e o primeiro en escribir sobre o cambio climático, en fin, un dos máis grandes científicos de tódolos tempos, aproveitou para corrixir a posición de Ferrol no mapa […]