A área sanitaria de Ferrol logrou manter un día máis a tendencia á baixa no número de casos activos por Covid-19, rexistrando ata a xornada de hoxe 128 casos activos, un menos que onte. As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal continúan a ser as que menos casos de Covid por 100.000 habiantes teñen de toda Galicia nos últimos 7 días; tan só 16, fronte aos 51 da media galega.
Nas últimas 24 horas producíronse dous novos ingresos hospitalarios e xa son 6 as persoas que se atopan na sétima planta do Arquitecto Marcide e unha na unidade de coidados intensivos. En total, 937 persoas recibiron xa a alta epidemiolóxica desde o inicio da crise.
Nos centros escolares das comarcas, rexistrouse un caso máis que onte e xa son nove: dous casos se deron no CPI As Mirandas, de Ares; un contaxio no IES de Fene, en Ferrol tamén se rexistrou un caso no CEIP Cruceiro de Canido, no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e no IES Saturnino Montojo, en Narón sendos contaxios no CEIP de Piñeiros e no CPI do Feal e un novo no CPR Luís Vives de Pontedeume.
Discussion about this post