A área sanitaria de Ferrol conta hoxe con 20 casos activos por coronavirus, só un máis que onte, polo que segue sendo a zona con menor afección de casos por 100.000 habitantes de Galicia, cunha taxa de 10.5, fronte aos 29.28 da media galega. Do total de afectados, só dous permanecen hospitalizados no Marcide e o resto, 18 persoas, están en illamento no seu domicilio.
Según os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, xa son 560 os veciños de Ferrol, Eume e Ortegal que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. Respecto do número de vitimas mortais, hoxe se cumpren 22 días sen novos pasamentos, polo que o número de falecidos relacionados co coronavirus na área de Ferrol segue a ser de 33 persoas.
Discussion about this post