O Concello de Neda xa ten preparada unha nova sesión de cine ao aire libre onde os máis pequenos e tamén os maiores terán asegurada a súa diversión este xoves. Na pista polideportiva do Roxal proxectarase o filme de animación “A Galiña Turuleca” a partir das 22.00 horas.
A entrada é completamente de balde pero require de reserva anticipada de entrada. Esta reserva debe solicitarse na Casa da Cultura de 10.00 a 14.00 horas ata o mesmo xoves ou chamando no mesmo horario ao teléfono 981 39 02 33. A reserva debe realizala unha persoa adulta e aportar nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.
O Concello tentará agrupar ás familias e tamén aos grupos de amizades de cara a optimizar un espazo que se verá mermado polas distancias sociais que se precisan gardar. Así mesmo, o día da sesión as persoas deben acudir cunha antelación mínima de 10 minutos antes do inicio da proxección para acomodar espazos e así poder manter as medidas de seguridade da maneira máis óptima posible.
Discussion about this post