O Concello lucense de Guitiriz elixiu este ano a Valdoviño para realizar as primeiras excursións dos seus campamentos deportivos de verán nos que participan uns 40 mozos e mozas da localidade. Esta semana o técnico municipal desprazábase ao municipio valdoviñés cos rapaces e rapazas en dúas quendas. O pasado luns 6 de xullo coñecían e disfrutaban da praia da Frouxeira pola mañá e trasladábanse a Vilarrube pola tarde para practicar paddle surf. Unha experiencia única para os nenos e nenas.
Esta mañá reeditábase a visita cun segundo grupo de 21 nenos e nenas. Acompañados tamén da alcaldesa visitaban o Océano Surf Museo, o único en España adicado en exclusiva ao surf. Como guías actuaron o rexedor de Valdoviño e o concelleiro de Deportes, os cales encargáronse de descubrir os segredos do museo nun percorrido pola historia do surf, dende as súas orixes ata a actualidade e con presenza destacada das praias do noso municipio. A visita continuará esta tarde na Frouxeira, onde practicarán surf.
Discussion about this post