A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino ás residencias e entidades sociais da área de Ferrolterra. Nesta comarca a partida inclúe un total de12.871 máscaras e 18.200 luvas.
Entre o material enviado esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á administración autonómica tendo en conta as súas necesidades actuais.
Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado 18 envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección. Concretamente, no que levamos de crise a Xunta fixo entrega de 266.930 luvas e 219.128 máscaras, entre outro material de protección.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística posta en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
Discussion about this post