O Concello de Valdoviño abre hoxe mércores 30 de setembro o prazo de preinscrición na Escola Municipal de Música. Así, a preinscrición prolongarase ata o 7 de outubro, coa vista posta en iniciar as clases o 19 do mesmo mes, e as actividades desenvolveranse no local social de Sequeiro, con prazas limitadas e con preferencia para a veciñanza de Valdoviño.
Ofertas deste novo curso
Neste curso, para alumnos/as de 6 anos en adiante ofertaranse clases de piano -mércores e venres-, guitarra -luns, xoves e venres-, batería -martes e mércores- e canto contemporáneo -luns). Así mesmo, para aqueles de entre 3 e 5 anos, o Concello programará música e movemento -os venres-.
As persoas interesadas poden descargarse a ficha da web municipal (https://www.concellodevaldovino.com/o-concello-abre-hoxe-oprazo-de-preinscricion-na-escola-municipal-de musica/) e enviala ao correo [email protected].
Excepcionalmente, en caso de que algunha persoa teña dificultade para descargar e/ou cumprimentar a preinscrición, poderá chamar ao teléfono da Concellería de Cultura (981 48 76 66) de luns a venres de 11.00 a 14.00 horas.
Custo e formas de pagamento
Este ano os sistemas de pagamento serán ben a través da domiciliación bancaria ou ben a través de transferencia á conta que se indique. En todo caso, informarase ao alumnado unha vez sexa admitido de como levar a cabo o proceso de ingreso mensual. Por último, sinalar que o custo da actividade é de 10 euros mensuais, en clases dunha hora unha vez por semana.
Discussion about this post