A candidata do BNG, Ana Pontón, achegouse onte 5 de xullo á Plaza Vella de Ferrol para procurar un maior apoio electoral de cara as vindeiras eleccións do 12 de xullo, mostrando o seu partido como a chave para poder levar a cabo un cambio próspero en Galicia, sobre todo a nivel económico e demográfico: “Feixóo nos deixa un páis esnaquizado no económico e no social, cunha desertización industrial que avanza imparable e cun problema demográfico sen precedentes”.
No tocante a Ferrol, Pontón recalcou a relevancia do sector naval na comarca, o cal necesita un gran apoio autonómico para a súa evolución favorable, e esixindo unha transición enerxética xusta e unha debida carga de traballo para evitar unha crise industrial.
Por outro lado tamén tivo palabras para a conservación do patrimonio local enfocándose na recuperación do casco vello, un problema que a moitos veciños trae de cabeza. Finalmente, aproveitando a actual crise que está a a vivir o Hospital Juan Cardona quixo amosar a súa preocupación no relativo á sanidade, asegurando que “é impresentable que tras once anos de Goberno do PP, esta comarca siga cun hospital que non tivo ningún investimento e con varias paralizacións de proxectos de modernización”.
Discussion about this post