O pescador de caña e sen chaleco salvavidas desaparecido onte 30 de xuño segue desaparecido, tal e como informaron dende Salvamento Marítimo de A Coruña. A chamada ao 112 fíxoa o seu compañeiro que no momento do suceso estaba presente e pudo observar os feitos. A maiores, segundo informan os diferentes dispositivos desplegados ata a praia de O Baleo, as condición meteorolóxicas son adversas e dificultan aínda máis se cabe a búsqueda do home.
Seguen na procura os corpos de Salvamento Marítimo, Cruz Vermella do Mar, a Protección Civil de Valdoviño, a Policía Local e a Garda Civil, a cal sumará os GEAS (Grupo Especial de Actividades Subacuáticas) esta tarde para seguir coas labores de búsqueda e así poder terminar canto antes coa conmoción que acompaña aos habitantes da zona.
Nestas mesmas labores continúan pola vía aérea o Helicóptero Helimer, aínda que o orballo da zona dificulta en exceso a visibilidade. Na vía marítima cóntase cun LS Langosteira e a patrulleira Rioxallas da Garda Civil abarcando unha amplia zona costeira para poder atopar ao pescador canto antes, dende Punta Frouxeira ata Punta Candieira e observando calqueira punto de difícil acceso da propia praia do Baleo.
Discussion about this post