Xa son tres os novos casos activos por coronavirus detectados polo Sergas na área sanitaria de Ferrol. O primeiro xa fora anunciado o pasado martes 28 de xullo polo propio Concello de Cedeira e confirmado pola Consellería de Saúde horas máis tarde.
Cando este primeiro novo caso procedente do extranxeiro xurdiu a preocupación fíxose visible nas respectivas áreas sanitarias lindeiras, e non pasaron nin 48 horas ata que un segundo caso remataba por facer saltar todas as alarmas. Os dous positivos coñecidos ata o momento estaban vinculados entre si, polo que inmediatamente comezouse a rastrexar ás persoas máis achegadas dos dous enfermos.
Pois ben, catro días despois de coñecer a aparición de dous casos activos na área sanitaria de Ferrol o número pasa a ser a 3, aínda que non se pode falar de a existencia dun rebrote pois polo momento se descoñece se este último caso garda algún tipo de relación cos dous primeiros. Dende os centros sanitarios seguen mantendo os rastreos e as pertinentes probas PCR para tentar conter o avance do virus polas comarcas.
Co anunciado hoxe, son un total de 622 os casos acumulados na área de Ferrol, dos cales 586 superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica e 33 faleceron a causa do Covid. Unha destas historias contámola dende Enfoques na nosa última entrevista a Mary, sobriña de Fina, unha das 33 vítimas do virus.
Discussion about this post