O Pescador de caña e sen chaleco salvavidas desaparecido na praia de O Baleo o pasado 30 de xuño foi atopado polo helicóptero Helimer hoxe 2 de xullo as 10.46 horas tras varios días de búsqueda na zona. Fora un compañeiro que se atopaba neses intres coa vítima o que deu a voz de alarma e iniciouse nese momento un amplio dispositivo de búsqueda formado por Salvamento Marítimo, Cruz Vermella do Mar, a Protección Civil de Valdoviño, a Policía Local e a Garda Civil, sumando os esforzos dos GEAS (Grupo Especial de Actividades Subacuáticas) na tarde de onte.
Finalmente, hoxe atopouse o corpo a 50 metros ao sureste da mesma posición onde o home precipitárase. Tras o descubrimento, o corpo sen vida foi desprazado a mesma praia, onde minutos despois a patrulla da Garda Civil de Cedeira fíxose cargo do mesmo. Desde Salvamento Marítimo informan que aínda está por confirmarse a súa identidade, aínda que aseguran que é moi probable que se trate do propio pescador xa que non se alertou de ningún otro incidente nesa zona. O cadáver foi trasladado ao Hospital Naval de Ferrol para realizarlle a autopsia.
Discussion about this post