Os casos positivos por coronavirus na área sanitaria de Ferrolterra volven a subir ata os 181, a pesar do esperanzador descenso contabilizado no día de onte -176-. Aínda así, dende que se alcanzou o pico máis alto o pasado 14 de setembro con 186 casos activos, a situación parece estabilizarse.
11 casos máis e 6 altas epidemiolóxicas
A pesar da certa “estabilidade”, o número total de positivos diarios non deixa de ser preocupante. Neste sábado 18 de setembro coñeceuse un total de 11 novos pacientes afectados polo coronavirus a pesar de contar con 6 altas epidemiolóxicas -son total de 803 casos non activos ou curados dende que comezou a pandemia-.
En canto á preocupación nos centros hospitalarios, a atención médica na UCI disminuiu despois de que un dos dous pacientes abandoara a unidade para pasar á de hospitalización, sendo 7 en total. Esta segunda onda está a ser moito menos preocupante para os hospitais, posto que a gran maioría dos positivos -173 de 181- están a pasar o virus nos seus domicilios
Foco de 14 positivos en Ortigueira
Onde si aumenta a preocupación é entre a veciñanza do municipio ortigueirés tras darse o foco máis importante desde que comezou a pandemia, con un total de 14 casos activos. Dende o consistorio, e en especial o alcalde, Juan Penabad Muras, pide unha plena colaboración veciñal para deter este brote xurdido.
Xa desde a administración local informan de que todos os contactos directos dos contaxiados están a realizar as pertinentes probas -tal e como establece o protocolo sanitario-, e a maiores póñese a disposición das persoas que o precisen dous números de teléfono para facer compras, retirar basura ou calquera outra necesidade durante as 24 horas.
De día estará en servizo o 604002167, e de noite o 603473044. A partir do luns habilitarase un segundo teléfono para o horario de día.
Discussion about this post