Detectado un caso de Covid en Cedeira procedente do extranxeiro

A persoa permanece illada e o equipo de rastreadores do Sergas xa está a traballar para identificar a todos os veciños que tiveron contacto desde que chegou á vila fai 5 días
869e3619e222bf74e8dea874e904e8fd15bf387c

Tras máis de dez días sen un só caso activo de coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, esta tarde o Concello de Cedeira e o Sergas confirmaron que detectouse un caso dunha persoa que chegou á vila procedente do extranxeiro e que deu positivo na proba de Covid-19.

Según os protocolos do propio Servizo Galego de Saúde, este doente permanece en illamento domiciliario mentres o equipo de rastreadores do está traballando para coñocer os contactos desta persoa nos últimos 14 días e poder establecer a trazabilidade do virus. Unha labor que está a ser fundamental nesta segunda onda de rebrotes.

O importante para poñerlle coto ao virus nunha comarca con cero contaxiaos como a de Ferrol é coñecer os chamados contactos estreitos deste home nos últimos 5 días, desde que chegou á vila de Cedeira. É dicir, todos aqueles cos que tivera contacto de menos de dous metros durante máis de 15 minutos. Todas esas persoas tamén serán tendrán que entrar nunca fase de corentena ata que se lles realice unha proba. A eles tamén se lles pregunta con quen estiveron en contacto nos últimos días para tratar de evitar así un rebrote.

Polo momento o Sergas califica este caso como «caso único» e explican que non se pode falar de rebrote ata que existan, polo menos, catro casos confirmados por PCR. Desde o Concello apelan á responsabilidade da veciñanza para colaborar coas autoridades sanitarias no rastreo deste novo caso activo para aportar toda a información que se lles requira e a predisposición para someterse ao preceptivos test.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.