A Policía Local de Cedeira e a Garda Civil actuaron conxuntamente a primeira hora desta mañá na localidade para deter a un home que ameazara de morte e lle causara lesións á súa caseira. A muller presentou unha denuncia contra o seu alugado tras unha discusión no que o home, ameazouna con matala e provocoulle lesións nun brazo.
Ao parecer, ambos levaban tempo enfrentados por problemas co alugueiro e, recentemente, o enfrontamento levou ao home a agredila físicamente, tal e como confirma o parte de lesións que presentou ante as autoridades policiais. Dúas patrullas, unha da Garda Civil e outra da Policía Local presentáronse no piso en cuestión para proceder á detención, pero o home non se atopaba na casa neses momentos.
Tras varios minutos de búsqueda pola vila, deron con él pouco despois das 08.30 horas desta mañá, polo que foi detido na rúa e posto a disposición xudicial para que se investigue o caso tralas pertinentes dilixencias.
Traballando sen mascarilla
A Policía Local de Cedeira tamén foi requerida hoxe, a última hora da tarde polo posto de Vixilancia Aduanera do porto de Cedeira xa que un home que traballaba cargando percebe na lonxa estaba traballando sen mascarilla e negábase a poñerla.
As autoridades presentáronse nas instalacións portuarias e advertiron ao home das posibles sancións ás que se podería enfrontar de non acatar a normativa que obriga a levar posta a mascarilla en todo momento. Trala actuación da Policía, finalmente accedeu a poñela.
Discussion about this post