Este sábado 18 de xullo dous vehículos mantiveron durante varios minutos cortada a circulación no túnel da Avenida do Rei tras unha colisión ás 13.30 deste mediodía. O accidente rematou únicamente con danos materiais, concretamente cun espello roto, polo que non houbo que lamentar ningunha lesión por parte dos pasaxeiros que ían a bordo.
Tal e como informaron varias fontes policiais, tan só foi necesaria a achega dun furgón de Atestados da Policía Local ao lugar dos feitos para poder solucionar a situación entre ambos condutores. Xa tras a aclaración do suceso os axentes restauraron a circulación que estivera parada pouco menos de media hora.
Discussion about this post