Equiocio volta a Ferrol cunha morea de actividades do 6 ao 9 de agosto

Cumprindo con todas as medidas preventivas de seguridade realizarase a competición hípica, carreiras BTT e PequeOcio para os máis cativos da casa
85007852_3509779402397102_4856480698824916992_o

Equiocio Mar e Terra presentou esta mañá oficialmente a programación da súa edición máis especial, que se celebrará no campo de As Cabazas (Covas- Ferrol) do 6 ao 9 de agosto. Unha entrega adaptada á nova normalidade, con aforo súper reducido e na que se cumprirán todas as medidas indicadas polas autoridades sanitarias.

O director deportivo do certame, Federico Pérez Lago, explicou que se utilizará unha APP permitirá coñecer a través da web o nivel de ocupación en tempo real do recinto, que estará acoutado. Do aforo máximo de 1.000 persoas, 600 corresponderán a persoal da organización e os xinetes e os seus familiares.

No acceso controlarase a temperatura, dispoñeranse dispensadores de xel hidroalcohólico, se desinfectará tamén o calzado. Ademais, haberá que gardar a distancia interpersoal e será obrigado usar a máscara en todo momento.

No referente á programación, cabe apuntar que na edición 2020, competirán 252 cabalos -cifra histórica-, a pesar de excluírse os procedentes de zonas con alta incidencia da Covid-19. E nas distintas probas contempladas (autonómicas e nacionais), participarán 190 xinetes e amazonas, a maioría procedentes de Galicia, aínda que tamén hai equipos de Santander, Madrid e Zamora. Apuntou Pérez Lago que os cabalos se distribuirán por cuadras, en función da área xeográfica de procedencia, para minimizar o contacto entre xinetes de distintas zonas.

Programación

No tocante ao resto das actividades, avanzou a aposta do certame polo surf. Unha aposta que apoiou coa súa presenza do presidente da Federación Galega de Surf, Román Díez. Así, durante o certame haberá unha exhibición de longboard, unha acción de concienciación da man da ONG Surf & Clean, unha exposición de táboas de fabricación ecolóxica, ademais de varias charlas como a do bicampión mundial de surf adaptado, Aitor Francesena.

E como non haberá unha zona para os máis pequenos, PequeOcio, que aumentará o seu espazo para garantir a seguridade, volverá desenvolver talleres, con aforo limitado a tres nenos por quenda. Contará ademais cunha zona de xogos tradicionais, con servizo de desinfección permanente, e con sorteos de agasallos. Ademais, para eles haberá cinema, unha gimkhana de BTT e unha singular recreación do Camiño Inglés, que poderán percorrer en pony, selando unha particular compostela. Todas as actividades requirirán inscrición previa a través do correo electrónico [email protected]

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.