O Sergas informou este mediodía do falecemento de dúas persoas na área sanitaria de Ferrol diagnosticadas con coronavirus. Trátease dunha muller de 87 anos e un home de 74, ámbolos dous estaban ingresados no CHUF e tiñan patoloxías previas. Son as dúas primeiras mortes desde o pasado 27 de abril.
Con estes dous falecementos son xa 29 as vítimas mortais relacionadas co Covid-19 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Tres das vítimas eran residentes de centros de maiores e o resto faleceron nos centros hospitalarios de Ferrol.
Discussion about this post