O pasado mércores 1 de xullo en Narón -no Pazo Libunca- o candidato a reelección como presidente da Xunta de Galicia quiso transmitir unha mensaxe de confianza de cara as próximas eleccións do 12 de xullo. Feijóo non dubidou á hora de resaltar o PPdeG como a mellor alternativa para todos os galegos xa que apostar polo PPdeG é apostar pola “certeza da xestión, tendo que elixir entre un experimento e a experiencia”.
En liñas xerais, Feijóo procurou o apuntalamento do seu actual mandato lembrando aos alí presentes as políticas que permitiron una notable mellora na comarca galega. Segundo él, a sanidade en Narón mellorou moito debido ao novo centro de saúde, á adxudicación de dúas farmacias e ao aumento de axudas da coñecida Lei de dependencia.
Por outra banda, tamén falou no referente á educación. O candidato do PPdeG resaltou o incremento do número de plazas en colexios infantís, intentando facer ver que as necesidades no tocante a sanidade e a educación estiveron ben cubertos polos populares.
No tocante a Ferrol, Feijóo recalcou a importancia que ten a ría para os milleiros de ferroláns, así como os 250 millóns de euros invertidos nos grandes avances promovidos en canto a depuración de augas se refire. “Esa é política ecoloxista, facer e limpar, non só falar”, afirmou.
Por último e como tema estrela que non podía faltar no mitin o actual presidente da Xunta mencionou as tan esperadas F-110 polos traballadores de Navantia, as cales acumulan total de 750 millóns de euros que aínda non se gastaron en ferrol desde 2018. Ademais, quiso denunciar a falta de carga de traballo nos estaleiros antes da construción das novas fragatas: “A resposta é non, nin fragatas nin barcos para a Armada; que imos facer a partir de setembro, esa é a responsabilidade do Goberno”.
Discussion about this post