A concellería de Medio Ambiente continúa co plan de mantemento e reparación de elementos das praias do municipio posto en marcha este mes co fin de poñelas a punto de cara á tempada estival. No día de onte colocáronse aseos con retretes químicos nos areais de Ponzos, Santa Comba, San Xurxo, Doniños, Penencia, Cariño, Graña, Cabana e Caranza, uníndose así ás instalacións existentes. Tamén se colocaron esta semana pasareas de madeira na Graña para mellorar a seguridade dos viandantes.
Nos últimos días distribuíronse papeleiras de 120 litros e contedores de bolsa amarela e de residuos sólidos urbanos, realizáronse labores de roza nos accesos ás praias, renováronse os carteis informativos e colocáronse duchas.
Por outro lado a comezos de mes o Concello poñerá en marcha un programa de intervencións para solucionar danos causados por temporais e actos vandálicos coa intención de que os areais estean en perfecto estado de cara ao verán.
Discussion about this post