Ferrol en Femenino, o novo proxecto en materia de igualdade que ten en mente o Concello de Ferrol

Tan só falta a aprobación da Xunta para poñer en marcha o programa sobre sensibilización, información e difusión sobre a igualdade de xénero
106583796_3086536201442514_7489380060103453980_n

A concellería de Muller e Igualdade de Ferrol solicitou á Xunta o pasado mes de xuño unha subvención de 8.000 euros para poñer en marcha «Ferrol en Feminino», un programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra mulleres.

Tal e como se explicou o 2 de xullo na comisión de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico, estase a esperar resolución do Goberno autonómico. O obxectivo do plan Ferrol en Feminino é poñer en valor ás mulleres ferrolás que na actualidade están exercendo profesións de interese para a cidade.

Tamén pretenden dende o Concello fomentar a concienciación social sobre a súa traxectoria e crear unha rede de apoio a mulleres, especialmente para aquelas en risco de exclusión e en situación de vulnerabilidade. No caso de recibir a subvención, desde a concellería de Muller e Igualdade elaborarase unha relación de obras literarias e traballos de investigación realizados por mulleres e deseñarase un programa de conferencias.

FInalmente levaranse a cabo exposicións con obras de artistas ferrolás para dar a coñecer as súas creacións. O obxectivo é poñer en valor o traballos das nosas veciñas e darlles o recoñecemento que merecen co apoio do Concello.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.