Ferrol incentivará o turismo local para axudar a un sector moi afectado pola Covid-19

A Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol pretende dar unha maior visibilidade e comercialización á zona local mediante a venda e a exposición on-line
SliderHome01-1030x475

A Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol continúa traballando en iniciativas para a mellora do turismo local e en axudas para o mantemento do emprego, dada a grave situación que atravesa o sector turístico debido á crise sanitaria da covid-19.

A última delas vaise desenvolver co apoio da Deputación, dentro dunha liña de subvencións coas que o organismo provincial quere contribuír á mellora da calidade e da competitividade turística. Con esta nova iniciativa a Sociedade Mixta prerende axudar ás empresas de actividades turísticas do municipio, impulsando a visibilidade e a comercialización das visitas culturais e dos servizos de lecer activo que ofrecen, a través da web www.visitferrol.com e a súa microsite www.ferrolactivo.es.

Para elo, a empresa convidou a participar nun contrato de servizos a varias axencias de viaxes locais que dispoñen de venda on-line a través das súas páxinas web. A que acade a adxudicación tamén poderá ofertar un servizo off-line, incluíndo a venda telefónica e a atención presencial.

A Sociedade Mixta de Turismo será a que pagará á axencia de viaxes polo seu labor de intermediaria, co que os provedores dos servizos turísticos quedarán libres de aboar calquera tipo de comisión. O contrato que se asine coa axencia de viaxes que resulte adxudicataria terá unha duración ata fin de ano, dado que unha parte importante dos servizos turísticos que se pretende comercializar son susceptibles de prestarse tamén en tempada baixa.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.