ASCM pide ao Concello de Ferrol que adapte os bancos de Armas ao colectivo de persoas con discapacidade

A entidade elaborou un informe que constata que a altura dos asentos non se adapta á norma para persoas con mobilidade reducida
WhatsApp Image 2020-05-28 at 11.42.13

A Asociación Sociocultural ASCM, que traballa pola plena inclusión das persoas con discapacidade, vén de presentar un escrito ao concello de Ferrol solicitando a adecuación dos bancos instalados na renovada Praza de Armas á normativa de accesibilidade en espazos públicos. Desde a entidade sinalan que, tras realizar as comprobacións pertinentes, corroborouse que os bancos non cumpren coa altura mínima estipulada, que busca garantir as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación en espazos públicos.

No escrito, presentado ao concello, achégase unha memoria fotográfica na que se evidencia que os bancos non alcanzan os mínimos establecidos: “dunha profundidade de asento entre 0,40 e 0,45 metros e unha altura comprendida entre 0,40 e 0,45 metros”; estando, en ambos os casos, moi por baixo destas medidas e dificultando, así, o uso do colectivo de persoas con discapacidade. Desde a Asociación Sociocultural ASCM solicitan a adecuación dos bancos á normativa vixente «facendo que a Praza de Armas sexa «un lugar para todas».

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.