A Policía Local de Ferrol detivo na madrugada do venres 24 a un home que trataba de roubar no interior de coches estacionados nas inmediacións da sala de exposicións da Autoridade Portuaria, no peirao de Curuxeiras. Foi a policía portuaria a que descubriu a este individuo despois de que forzara a porta dun vehículo, pero ao percatarse da presencia dos axentes, fuxiu do lugar.
Durante a persecución foi cando unha patrulla da Policía Local o avistou e logrou arrestalo. Despois comprobouse que revolvera o interior do turismo en busca de obxectos de valor.
Discussion about this post