A residencia de maiores de Caranza celebrou onte o seu 43 aniversario dun xeito atípico, froito da situación sanitaria global, pero con bo ánimo e a compañía dos bombeiros de Ferrol. O corpo mobilizou ata a entrada do centro a tódolos seus camións e fixo soar as súas sireas entre os aplausos dos máis de 150 persoas que alí residen. Deste xeito, quixeron agradecer a labor que o corpo de bombeiros realizou nesta residencia e noutras do municipio, desinfectando as instalacións para maior seguridade dos usuarios.
Ademáis, durante o almorzo, os traballadores tamén animaron a festa interpretando algunhas das cancións favoritas dos residentes. “Houbo baile, canto e moito humor. Foi un chute de ánimo para todos”, explicaron os responsables do centro. Esta residencia, ata o momento, non rexistrou ningún caso positivo de coronavirus.
Discussion about this post