A Universidade da Coruña iniciou esta mañá unha campaña voluntaria de test serolóxicos a toda a comunidade universitaria, comezando polo alumnado do Campus de Ferrol.
Realizaranse probas voluntarias de test serolóxicos de dobre banda que permiten a detección rápida de anticorpos IgC e IgM en sangue. A proba consiste na extracción de dúas gotas de sangue capilar nun dedo da man. Os resultados comunicaranse ao estudante por correo electrónico desde a realización da proba. A UDC informará ao SERGAS dos casos positivos para o seu adecuado seguimento.
A campaña está dirixida na primeira fase ao alumnado, que terá que pedir cita previa na seguinte páxina web: https://www.udc.es/covid-19/test-seroloxicos. Esta campaña para o alumnado do Campus de Ferrol estenderase de martes a venres cun horario amplo para evitar aglomeracións.
Proximamente abrirase a cita previa ao alumnado do Campus da Coruña así como ao Persoal Docente e Investigador (PDI) e ao Persoal de Administración e Servizos (PAS).
Boa organización da @FEP_UDC para que a proba dos test serolóxicos flúa sen incidencias. 👏👏 E moi boa resposta do alumnado do Campus de Ferrol a esta campaña voluntaria. 💪 Hoxe farán os test 223 estudantes. Hoxe e mañá está completo https://t.co/NMSczmeHYZ pic.twitter.com/eTgOxMpqga
— Universidade da Coruña (@UDC_gal) October 20, 2020
Discussion about this post