O sector marisqueiro da ría de Ferrol é un dos grandes prexudicados pola crise sanitaria do Covid. O desplome da demanda, que depende en grande parte da restauración, e os meses de parón da actividade, unido á crise ambiental que vén sufrindo á ría, sitúa a unhas 500 familias de Ferrol, Fene e Mugardos nunha situación precaria de ingresos.
A reducción da facturación durante o primeiro semestre desde ano sitúase en torno aos 470.000 euros, o que supón un 40% menos que a pasada campaña. Na confraría de Ferrol o pasado ano despacháronse preto de 26.000 quilos de ameixa rubia e xaponesa, mentres que nesta campaña apenas chegaron aos 8.000. O mesmo sucede no pósito de Barallobre onde a venda de ameixa babosa, ourizo ou carneiro descendeu drásticamente. En Mugardos a facturación nos seis primeiros meses do ano pasou de 328.000 euros en 2019 a apenas 67.000 na presente campaña.
Á espera do paro biolóxico
Os efectos colaterais da crise sanitaria non fixeron senón dar a puntada final a unha situación que as confrarías levan tempo denunciando como é a falta de producción. Os pósitos seguen á espera dunha resposta da Consellería de Mar para que acepte o paro biolóxico solicitado, despois de que o Instituto Social da Marina rexeitase un cese da actividade. O paro é unha medida pola que se establece un período de veda para rexenerar unha especie, con remuneración aos traballadores durante ese tempo.
O sector marisqueiro local está contra as cordas, e os datos de extracción e venda en lonxa confirman que se trata do peor semestre da última década. As medidas tomadas pola Xunta, como a eliminación das estrelas de mar -posibles depredadoras da ameixa- ou a resembra no banco das Pías non están a dar os resultados esperados e os mariscadores pensan xa en retomar a movilizacións se non obteñen pronto unha resposta da Administración autonómica.
Discussion about this post