CCOO advirte dunha folga se Navantia non inicia «de inmediato» a transformación do estaleiro de Ferrol

O sindicato explicou que os custes de producción dun buque na factoría ferrolá son cinco veces maiores cos dos seus competidores internacionais
IMG_20201014_123054

A sección sindical de Comisións Obreiras en Navantia Ferrol anunciou hoxe que tomarán «medidas de presión moi cuntendentes» -o cal inclúe a folga- se a empresa pública non inicia «de forma urxente» a prometida transformación do estaleiro ferrolán. Así o espuxeron esta mañá o actual secretario xeneral de CCOO de Industria en Galicia, Víctor Ledo, e o secretario xeral de CC.OO en Navantia, Miguel Pol.

Os representantes sindicais explicaron que «xa non hai máis excusas» para que a empresa pública inicie o proxecto de transformación da factoría ferrolá que lle permita converterse nun estaleiro 4.0. Pol explicou que as actuais instalacións -disposición de talleres e gradas- «son de mediados do pasado século» e que os métodos de construcción xa non son competitivos no panorama internacional, polo que resulta urxente acometer esta transformación. «Os nosos cutes de producción multiplícanse por cinco respeto a outros estaleiros».

«Co proxecto do novo estaleiro deseñado e avalado pola propia Navantia reduciríanse nun 25% os custes e os prazos de fabricación. Isto significa que o aforro final na construcción dun buque rondaría o 10%. Por exemplo, na construcción dunha fragata pasaría de fabricarse en 60 meses a facela en 45, supoñendo un aforro de máis de 30 millóns de euros por unidade», especificou Miguel Pol. Ademáis, apuntou o responsable de CCOO en Navantia, melloraríanse as condicións de traballo e de saúde dos traballadores se o fan baixo un dique cuberto, que é unha das principais infraestuturas deste novo estaleiro.

Un investimento xustificable

Desde Comisións Obreiras argumentaron que, según os datos da propia Navantia, o retorno do investimento producirías en 9 anos, xa que «a nova infraestutura estaría prevista para construir unha fragata ao ano e simultáneamente un LHD cada tres anos». Cabe lembrar que a última gran obra que se realizou en Navantia, que foi a construcción do dique número 3, financiouse durante 50 anos.

Miguel Pol advertiu que a perda «por falta de capacidade» dunha fragata suporía máis de 3,5 millóns de horas de traballo directo que non se realizarían nesta comarca tan afectada polo desemprego. Por todo isto, tal e como apuntou Victor Ledo, CCOO reclama con urxencia que «se aborde o estudo de impacto ambiental», que supón o primeiro paso administrativo para iniciarse a obra do novo estaleiro. Ademáis, o sindicato esíxelle a Navantia que informe dos prazos de execución do proxecto e «que se intente recuperar o tempo perdido, xa que a segunda F-110 xa se ía construir nun dique cuberto», o cal parece case imposible de alcanzar a día de hoxe.

Tamén lle solicitan ao estaleiro público que se soliciten os fondos do Plan de Recuperación da Unión Europea para financiar esta transformación. «É unha obra máis que xustificada económicamente, nun sector estratéxico e nunha rexión especialmente afectada polas crises económicas, polo que non se entende que Navantia renuncie a estas axudas», dixo o secretario xeral de Industria, Victor Ledo.

O representante sindical cree que a inacción respeto a estes proxectos responde a unha vontade política e non a criterios técnicos ou económicos. «É claro que hai un interese en que a comarca de Ferrol non sexa competitiva», asegurou Ledo, quen insistiu en pedir explicacións á clase política, «desde o Concello de Ferrol ao Goberno central, pasando pola Xunta».

Impulso á fábrica de turbinas

Outro dos cabalos de batalla da factoría de Ferrol é a súa fábrica de turbinas. Os sindicatos veñen denunciando desde fai anos que a compañía está deixando morrer un dos mellores departamentos desta especialidade que existen en Europa. «Foi unha xoia no desenvolvemento de turbinas para centrais térmica e nucleas e actualmente está desleixada e descapitalizada», apuntou Ledo.

Respeto a este departamento, Comisións Obreiros anunciuo hoxe, como xa adiantara ENFOQUES.GAL no mes de xuño, que Navantia e Ence chegaron a un acordo para a fabricación, montaxe, instalación e mantemento das turbinas para as tres novas plantas de biomasa ás que opta a empresa pasteira na subasta de renovables. «Parécenos un acordo menor para a capacidade que ten Navantia, que podería asumir tamén a transformación das turbinas de tódalas plantas de celulosa de Ence», recalcou Ledo.

Un novo escenario en Fene

Pola súa banda, a presidenta do comité de empresa de Navantia Fene, Adela López, insistiu en que a pesar de que o estaleiro vai comezar a construción do maior encargo de jackets por parte de Iberdrola, a factoría necesita ter un plan de futuro a medio plazo. «Ese plan pasa por desenvolver proxectos eólicos completos, é dicir, non realizar soamente a fabricación das jackets, senón tamén das subestacións destes parques eólicos mariños», dixo. Cos proxectos dos monopiles ou das jackets, según a representante de Comisións, «non abonda para crear emprego de calidade e acabar coa subactividade da plantilla principal».

«En Fene temos unhas instalacións infrautilizadas e o proxecto de Navantia foi convertir un estaleiro nun parque industrial para arrendar a outras empresas, como Windar», denunciou Ledo. «A eólica mariña está depegando e ten un mercado inmenso que ten que liderar o estaleiro de Fene», insistiron desde CCOO.

 

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.