A empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa) indica que debido á necesidade de realizar un mantemento do grupo de presión é preciso realizar un corte no subministración o venres 12 de xuño, dende ás 0:00 ata ás 5:00. As zonas afectadas serán Santa Cecilia (ata AP-9), Parque Ferrol, estrada de San Pedro, avenida de Santa Mariña, estrada de Catabois (dende a rotonda AG-64 ata a AP-9), zona sindical
de San Pablo, zona Porta de Neira e, por último, o camiño de Pazos.
Ademais, o Hospital Naval, o Hospital Novoa Santos e o Centro de Atención a persoas con discapacidade física (CAMF) tamén se verán afectados. O corte na subministración realizarase en horario nocturno para minimizar as molestias ocasionadas polo mesmo.
Discussion about this post