O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, visitou onte Ferrol, onde mantivo un dos primeiros encontros da campaña electoral do 12X. O líder dos populares galegos fixo un repaso polas principais actuacións que realizou a Xunta nos últimos anos na cidade e mostrou a súa especial preocupación polo sector naval.
Neste ámbito, Feijóo subliñou “o apoio realizado desde a Xunta á modernización das instalacións de Navantia” para configurar o Estaleiro 4.0, e asegurou que a Xunta realizou un “importe impulso” á industria auxiliar do naval ferrolán. Ademáis, atribuiu ao seu executivo a conversión dos estaleiros desta bisbarra “en referentes da eólica mariña” e destacou o desenvolvemento dun plan de formación do naval. O popular volveu mostrarse crítico co Goberno central por non ter comezado xa o programa das F-110 e reclamau ao executivo de Sánchez que se inicien “de forma inmediata”.
O presidente do PPdeG tamén salientou as actuacións levadas a cabo no ámbito sanitario, como a ampliación do Hospital Público de Ferrol; así como o acondicionamento do Hospital Naval e a ampliación do centro de saúde de Serantes.
Respecto do saneamento integral da ría de Ferrol, Feijóo recordou que se levan investidos 278 millóns de euros que a conselleria de Infraestruturas está executando na actualidade as obras de saneamento da Malata, que permitirán completar a depuración integral da ría ferrolá.
O candidato do Partido Popular á Xunta tamén se referiu ao ámbito da vivenda, destacando actuacións como as catro ARI declaradas (Magdalena e Ferrol Vello; A Graña; Esteiro Vello; e Recimil), o desenvolvemento do solo residencial de Bertón, no que xa se executaron 52 vivendas de promoción pública e se proxectaron máis de 400 vivendas protexidas; ou o Plan Rexurbe Ferrol que se está a implementar en Ferrol Vello.
Discussion about this post