Mergulladores da Armada de Ferrol atopan unha ánfora grega de máis de 2.500 anos

O descubrimento fíxose fai uns días nunha inmersión para realizar unha inspección restos do galeón "San Giaccomo dei Galizia"
Restos hallados

Mergulladores da Armada Española pertencentes á Unidade de Mergullo de Ferrol (UBUFER), con base na Estación Naval da Graña levaron a cabo unha inmersión hai uns días en augas da ría de Ribadeo para realizar unha inspección de comprobación dos restos do galeón «San Giaccomo dei Galizia», en coordinación co Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia.

O equipo de mergulladores localizou de maneira casual dúas pezas de barro, unha xerra e un ánfora. Tras un estudo e análise pormenorizado realizado por especialistas, estímase que estas dúas pezas poderían pertencer, no caso da xerra ao século XVI, mentres que o ánfora pertencería á cultura grega do século VI A.C.

A confirmación deste último achado, convertería este testemuño no obxecto máis antigo localizado no ámbito náutico, en todo o norte peninsular, coa importancia e transcendencia histórica e cultural que iso implica. Este achado, alleo ao propio galeón de Ribadeo, será incluído na Carta Arqueolóxica de Pecios da Armada (CAPA), acorde con Plan de Vixilancia e Protección do Patrimonio Arqueolóxico Mergullado, garantindo así o seu rexistro oficial e seguridade.

 

Áncora do século VI A.C. achada polos mergulladores de Ferrol

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.