O Concello de Ferrol celebrou esta tarde un pleno extraordinario que da continuidade ao celebrado o día 24 de setembro e que pasadas as doce da noite aprazouse para outro día. O primeiro punto foi a proposta de desestimación do requerimento efectuado polo Concello de Narón ao estar en desacordo polas cantidades que se lle reclaman pola depuración das súas augas residuais. Ademáis, o punto tamén incluíu a aprobación dunha nova liquidación. Este punto contou coa intervención de Guadalupe Ces, da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización. Aprobouse cos votos a favor do PSOE e do PP e en contra de FeC e BNG.
A continuación comezou a quenda das mocións. O primeira en debatirse foi a do grupo municipal Ferrol en Común para darlle pulo á construción do monumento ás vítimas do franquismo, que aprobouse cos votos a favor do PSOE, FeC e BNG e a abstención do PP.
O punto 3, a moción do grupo municipal Ferrol en Común para instar á Consellería do Mar a dar solucións ás mariscadoras da nosa ría, aprobouse por unanimidade tras substituír os seus puntos pola proposta do PP, para instar ao goberno galego e ao goberno central a iniciar de inmediato un verdadeiro proceso de recuperación da produción marisqueira na ría de Ferrol, en colaboración coas confrarías da zona, os técnicos da Consellería do Mar e a estación de bioloxía mariña da Graña, ao que se acompañarán medidas de protección económica e social das mariscadoras e mariscadores, pactadas co sector.
O punto 4, a moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego relativa á situación do marisqueo na Ría de Ferrol, votouse por puntos. O primeiro e segundo aprobáronse cos votos a favor dos grupos a excepción do PP, que se abstivo, e o terceiro saíu adiante por unanimidade. Engadiuse un carto punto, o proposto polo PP na anterior moción, que aprobouse por unanimidade.
Discussion about this post