O PSdeG apurou a última xornada de campaña antes do 12-X para manter varios encontros con algúns dos sectores clave da comarca de Ferrol. Os candidatos pola comarca Bruno Díaz e Manuel Santiago, acompañados por Pablo Arangüena, mantiveron a primeira hora unha reunión co Comité do estaleiro de Navantia Fene, para desprazarse despois á lonxa de pescadores no peirao de Ferrol, onde se reuniron cos representantes do sector, acompañados do eurodiputado socialista Nicolás González Casares.
Bruno Díaz reivindicou que a comarca ferrolán será unha aposta firme do Partido Socialista a partir do domingo, na “aposta dun goberno socialista na Xunta, tanto no impulso e construción naval, co proxecto das novas fragatas, como na eólica mariña, na que o estaleiro de Fene ten que xogar un papel fundamental no marco das axudas europeas e do Estado para una transición enerxética, e con Leixa como futura plataforma loxística da comarca”.
Díaz incidiu na “posta en valor” da ría, “abordando tanto os problemas estruturais da ría e os seus productos”, fronte “ante una Xunta que tras 11 anos só se lembra da ría nos últimos quince días do seu gobernó”. “Nós nos compremetemos a afrontar a recuperación da ría e o seu aproveitamento dende os primeiros quince días de goberno”, remarcou.
Na reunión participaron a patroa maior da Cofradía de Mariscadores de Ferrol, Isabel Maroño, o patrón e o vicepatrón da Cofradía de Barallobre, Jorge López e Francisco Javier Fernández así como Javier Castro, en representación da asociación de percebeiros de Meirás (Valdoviño). Tamén acudiron a secretaria xeral do PSdeG en Ferrol, Beatriz Sestayo e o portavoz socialista en Narón, David Pita.
Industrialización
O eurodiputado socialista Nicolás González Casares, que tamén se achegou a Ferrol na xornada de hoxe, lembrou que no momento actual se están a discutir os fondos de recuperación europeos, pero lamentou que “o PP non fai máis que poñer atrancos, atrancos e atrancos”, e “non vemos que a Feijoo lle preocupe”.
Nun momento no que se está a discutir a recepción de importantes cantidades económicas que contribuirán ao desenvolvemento futuro da comarca, que se destinarán a As Pontes ou a Ferrol, remarcou a importancia de “buscar sinerxias e estratexias e presentar proxectos para que iso se faga realidade e sobre todo para que haxa un bo financiamento”. Sen embargo, critou que “o PP en vez de mirar e axudar por Galicia, Feijoo nin está nin se lle espera”. “Utiliza os sectores produtivos de Galicia unicamente como arma arroxadiza contra o Estado, facendo una completa deixación das súas competencias”.
En canto á reunión en Navantia Fene, o PSdeG comprometeu un plan integral de reindustrialización para as comarcas de Ferrolterrra, Eume e Ortegal, “facendo a política industrial que Feijoo non fixo en 11 anos”.
Discussion about this post