Os traballadores do Cardona se movilizan contra os recortes salariais

A xerencia anunciou unha reducción duns 200 euros mensuais correspondentes aos pluses de gratificación de nivel e asistencia
Paula P.
Paula P.

O persoal do hospital Juan Cardona protagonizou esta mañá unha as portas do centro sanitario para mostrar o seu rexeitamento ás medidas de recorte salarial que anunciou a xerencia recemente. Según explicaron desde o comité de empresa serán uns 200 euros mensuais menos -en nóminas duns 1.200- os que percibirán os traballadores correspondentes aos pluses de gratificación de nivel e asistencia.

Os representantes dos traballadores lembraron «as duras condicións» nas que veñen traballando nos últimos meses para facer fronte á crise do coronavirus e denuncian as desigualdades e os agravios que sofren fronte aos traballadores do sector público.

A decisión, que supostamente foi tomada de forma unilateral e sen negociación coa parte social, respondería aos baixos ingresos obtidos durante os últimos meses neste centro de titularidade privada, aínda que concertado co Sergas. «Dixéronnos que a situación económica non era boa, que a facturación baixara moito e que tiñan que adoptar medidas extraordinarias», explican desde o comité. Os traballadores denuncian que están a pagar eles «a mala xestión da empresa».

Os sindicatos xa advertiron que unha vez executada a supresión dos pluses, además de continuar coas movilizacións e as protestas, van recurrir á decisión pola vía xudicial, xa que, explican, a xerencia debe avisar con quince días de antelación unha modificación sustancial das condicións contractuais como esta.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.