Pesar no gremio periodístico e no estamento político ferrolán polo falcemento, aos 43 anos de idade, de Patricia Rey Varela, irmá do actual voceiro do Partido Popular e exalcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela. Tanto o Concello como o resto de grupos políticos da corporación de Ferrol e doutros concellos da comarca mandaron as súas condolencias á familia.
A capela ardente foi instalada no tanatorio San Lorenzo, no túmulo número 6. Debido a cuestións de aforo e de seguridade, a familia desexa que o velorio sexa o máis íntimo posible.
Por tal motivo, agradece que, no caso de asistir, se procure pasar o menor tempo posible no interior. O enterro será mañá, mércores, as 11.00 horas, no Cemiterio Municipal de Catabois. O funeral oficiarase ás 12.30 horas na concatedral de San Xiao.
Discussion about this post