O Concello de Ferrol puxo en marcha ai dúas semanas o proxecto “Actividades na casa” co fin de acompañar aos ferroláns durante o tempo que dure o confinamento con propostas diarias para desenvolver no fogar procedentes das concellerías de Cultura, Educación, Deportes e Medio Ambiente.
O último en incorporarse a este proxecto é o departamento exposicións municipais. Xa está dispoñible a mostra dedicada ao escritor Ricardo Carvalho Calero, protagonista do Día das Letras Galegas e centro de numerosas iniciativas programadas para o presente curso polo Concello de Ferrol. “Imaxe de 100 anos” abriu ao público a finais de xaneiro no centro cultural Torrente Ballester e a súa clausura estaba prevista para o 31 de maio.
O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, explicou que se adaptou á nova situación “de excepcionalidade” para que “os veciños que non acudiron á exposición no Torrente Ballester poidan atoparse ao autor desde as súas casas”. A través de imaxes e paneis informativos, “os ferroláns poden percorren a vida e
obra do noso escritor e coñecer máis de 30 primeiras edicións e moitos dos seus obxectos persoais e académicos”. Nos próximos días estarán dispoñibles en “Actividades na casa” outras mostras de titularidade municipal.
Discussion about this post