O delegado do Goberno, Javier Losada, puxo en valor a relevancia do sector da construción e reparación naval de Ferrol e de Galicia no mundo no acto que a Armada Española organizou co motivo do 250 aniversaria da creación do Copro de Enxeñeiros de Marina.
Javeier Losada tamén celebrou a elección de Exponav como sede da mostra que conmemora esta efeméride, por compartir espazo con instalacións que son reflexo da mellor tradición da construción naval e espello do futuro próspero deste sector. Xunto á presidenta de Navantia, Susana de Sarriá, lembrou que os estaleiros de Ferrol encargaranse da construción das cinco fragatas F-110 da Armada para o Goberno, ademais doutros contratos de reparacións e de novas construcións asinados e aos que aspira a SEPI en todo o mundo.
O delegado do Goberno en Galicia e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo, asistiron á apertura da exposición conxunta do Corpo de Enxeñeiros da Armada (CIA) e da Asociación de Enxeñeiros Navais de España (AINE) na sala Carlos III de EXPONAV. Durante a inauguración, á que asistiu o Almirante Xefe do Estado Maior da Armada, Teodoro López, contou cunha conferencia do vicealmirante do Corpo de Enxeñeiros José Manuel Sevilla López.
Discussion about this post