Un total de 587 familias de Ferrol solicitaron a axuda á escolarización e outras 321 a beca de comedor unha vez rematou o prazo para presentar a documentación o pasado 8 de xullo. O número de solicitudes corresponde á unidade familiar, non ao número de nenos que se beneficiarán da axuda. Tal e como explicou a concelleira de Benestar Social, un equipo de profesionais do seu departamento xa están avaliando cada unha das solicitudes para detectar as que requiren ser subsanadas.
As axudas á escolarización están dirixidas aos menores de idade que residan en Ferrol matriculados nun centro de ensino do municipio para cursar educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional básica ou formación profesional de grao medio. A contía da axuda ascende a 95 euros por neno para a adquisición de material escolar, incluído o informático, ou roupa deportiva. Con elo búscase dar resposta ás necesidades escolares do alumnado cuxas familias manifesten estar a ter dificultades económicas que lles impidan facer fronte aos gastos do inicio dun novo curso. O orzamento destinado a estas axudas ascende a 90.000 euros.
Un incremento de 7.000 euros No anterior ano académico a concellería de Benestar Social destinou 83.000 euros a estas axudas á escolarización, das que se beneficiaron 848 familias, polo que sobraron
un total de 25. Nesta ocasión, o Concello de Ferrol aumenta a partida e destina 90.000 euros, o que supón un incremento de 7.000 euros respecto ao anterior curso a pesar de que dita liña de axudas non se esgotou. En canto ás axudas para comedor para o próximo curso, o orzamento destinado a estas becas, que cobren a totalidade do custe das comidas dos escolares, é de 280.000 euros, 12.000 euros máis que no anterior curso académico.
Discussion about this post