Mantense en 5 os positivos pola Covid-19 na área sanitaria de Ferrol

Segundo fontes sanitarias, dous dos casos producíronse en Cedeira e os outros tres nunha festa privada levada a cabo noutro municipio de Ferrolterra
controlcovid2

Os afectados pola Covid-19 na área sanitaria de Ferrol mantéñense en cinco, unha cifra que non variou dende o pasado mércores 5 de agosto. Segundo a Consellería de Sanidade, os cinco infectados polo coronavirus atópanse nos seus propios domicilios con autocuidados e seguimento sanitario.

Ata o momento xa se coñecía que os dous primeiros casos en dar a voz de alarma pertencen ao municipio cedeirense, e non se sabía a orixe dos outros tres. Porén, segundo fontes sanitarias estes tres últimos positivos son consecuencia do ocio nocturno, tras producirse unha festa privada nun municipio de veraneo da zona de Ferrolterra. A preocupación pola subida dos contaxios xa é unha realidade, e de feito hoxe o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, dictou varias normas a seguir para frear esta segunda oleada que afecta a gran parte da comunidade autónoma

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.