A alcaldesa de Narón, xunto cos edís de Deportes e Obras, visitaron a construción do novo campo de tiro con nunha parcela pública do polígono de Río do Pozo. As novas instalacións deportivas municipais suporán un investimento que ronda os 30.000 euros e estarán operativas este mesmo verán, atendendo á evolución dos traballos e ás previsións que manexa a empresa adxudicataria.
Trátase dun campo que se poderá utilizar para a práctica de tiro con arco tanto para adestramentos como para celebrar competicións desta modalidade deportiva. As súas dimensión son de 100×75 metros e goza dunha boa conexión coa autovía.
A rexedora local asegurou que a construción de instalacións deportivas coma esta serven para seguir ampliando a oferta a disposición da veciñanza, e en especial para que as persoas que practican tiro con arco podan gozar deste deporte.
Así mesmo dende o Concello quixeron agradecer ao Club Arco Narón o deseño destas instalacións, ademais da súa comprensión porque ata este ano non foi posible levar a cabo as obras. A administración local acometeu outros investimentos na mellora de instalacións deportivas municipais, En conxunto, dende o Concello destináronse 80.000 euros á construción de novas instalacións deportivas e mellora das existentes, como no Campo da serra, o pavillón das Lagoas, o polideportivo da Gándara ou no estadio municipal de Río Seco.
Discussion about this post